luns, 1 de febreiro de 2016

TEATRO "NANA PARA UN SOLDADO" E VISITA MUSEO DE OTERO PEDRAYO (OURENSE) (3º e 4º primaria)

Os nenos/as de 3º e 4º de primaria o día 4 de Novembro asistiron a obra de teatro "Nana para un soldado" (Teatro dos Ghazafelhos) (FAI CLIC), un espectáculo que amosa o máis crú da guerra e o máis fermoso das persoas. Con moito humor os tres personaxes amosan o lado máis duro da guerra en que están inmersos, ao mesmo tempo que descobren o seu lado máis humano e a amizade. Todo presentado de un modo cómico y poético.

 «La guerra no es un lugar. La guerra no llega o se va, está ahí... habita en los  corazones atrincherados y en las mentes con metralla... »
 
  
           Posteriormente visitaron o "Museo de Otero Pedrayo" 


TEATRO "ALICE" E VISITA MUSEO DE OTERO PEDRAYO (OURENSE) (5º e 6º primaria)

O 19 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense, os alumnos/as de 5º e 6º de primaria asistiron o teatro en inglés con Blue Mango Theatre e a súa nova obra "Alice", baseada no clásico.

FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

Cando Alice queda durmida penétrase nun mundo máxico no que se vai atopando diferentes e extravagantes personaxes... Ao longo da súa viaxe polo país marabilloso aprende moitas cousas sobre as tradicións do mundo anglosaxón: Halloween, San Valentín, o Nadal, San Patricio... Pero chegará Alicia a tempo para o té? Só se o público bótalle unha man.

FAI CLIC NA PÁXINA WEB


Posteriormente visitaron o "Museo de Otero Pedrayo" 
(FAI CLIC PARA VELO EN 3D)

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CO ALUMNADO DO IES VAL DO ASMA ( 5º e 6º primaria)

O alumnado de 5º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha practica de laboratorio o 5 de Novembro de 2015 conxuntamente co alumnado de 4º da ESO organizado polo Departamento de Bioloxía e o EDNL do noso centro. Así como tamén o 13 de Novembro de 2015 acude igualmente 6º de primaria.
 
(FAI CLIC NA CÁMARA DO CURSO CORRESPONDENTE)
   5º DE PRIMARIA
 6º DE PRIMARIA    

VISITA DE O APALPADOR

Hoxe 14 de Decembro de 2015 recibimos unha visita a do Apalpador(Anxo Moure).
(FAI CLIC NO APALPADOR PARA VER AS FOTOS)

          O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".