luns, 1 de febreiro de 2016

VISITA DE O APALPADOR

Hoxe 14 de Decembro de 2015 recibimos unha visita a do Apalpador(Anxo Moure).
(FAI CLIC NO APALPADOR PARA VER AS FOTOS)

          O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Ningún comentario:

Publicar un comentario